jueves, 16 de junio de 2011

Vendo a METADE do meu piso

* ¿Por que o vas a comprar? Para fixar a túa residencia habitual, ou ben, para ter por tempadas outra posibilidade de vida, diferente á usual.


   * Situación: Fene (Galicia) Zona espléndida de xeografía espectacular e moi ben comunicada. Acceso desde unha das Avenidas principais.

       * Reto: Compartir convivencia con outra persoa, evidentemente con total respecto mutuo á intimidade persoal.


            * ¿Con quen compartirías o piso? Cun home de 60 anos, moi peculiar, pero experimentado en todas as facetas de consideración cara aos seres humanos. Inventor. Vive só por definición. Autodidacta, autosuficiente, irregular e independente que cultiva as relacións con todo tipo de persoas. Non fuma. Fisicamente moi saudable.

                                                                       . . .

Datos do inmoble: Piso 1º, dunha superficie aproximada de 90 m2, orientado ao Sur, con comodidades e calefacción individual. 2 habitacións privadas, baños independentes. 3 ocos comúns: Cociña, Salón comedor e Biblioteca Estudo. Prezo a establecer por taxación profesional. Facilidades de pago. Proba previa de convivencia.
. . .

Responderei a todos os correos serios. Mellor se non che demoras. Para contactar entra no perfil, tamén atoparás unha proposta musical.

1 comentario: