Levo
case 4 anos sen enprego.Teño 61 anos. A metade do meu piso está
sen pagar: 47.934'63 euros, integramente débedas a bancos o que
supón un pago enorme de gastos, comisións e xuros: xusto 335'91
euros no mes de Xuño (no mesmo período amorticei 817'40 euros) e
como só percibo 426 euros dunha subvención ao mes, supón un forte
incremento do endebedamento e iso precipitaríame a un pronto
desafiuzamento. Trato de recadar fondos para impedilo.
Do
recadado levarei un control detallado, totalmente transparente e
público, de tal xeito que todo doante poda comprobar en calquera
momento que as súas doazóns están correctamente anotadas (sempre
lle deixarei un xustificante da doazón, no momento de recollela). O
libro de rexistro de doazóns e pagos aos bancos será público e
estará sempre dispoñible en:
http://epdi-in.blogspot.com.es/p/documentos.html
Todo
o recadado será integramente para pago de xuros, comisións, gastos
e amortizacións aos bancos. A miña subsistencia dependerá
exclusivamente dos 426 euros que teño de subvención e nunca usarei
o diñeiro das doazóns. No caso de atopar traballo cobrando unha
cantidade superior a este importe (426 euros) o resto ingresaríao
para pagos da débeda aos bancos.
Cando
finalice o proceso e se remate toda a débeda, deixarei de pedir, e a
metade da miña vivenda será da comunidade das persoas que achegaron
algunha cantidade. No seu momento estudaremos como se xestiona esta
propiedade comunitaria. Tamén pode darse o caso de que a propiedade
pase totalmente a comunidade se se me garante o seu usufruto mentres
viva.
A
partires de agora cederei o uso da vivenda para actividades de uso
social, por exemplo: asembleas, grupos de traballo e reunións; uso
compartido coma vivenda esporádica de unha ou máis persoas
propostas por calquera Asociación Social, Cultural ou de Axuda mutua, ben por ser estas persoas colaboradores desprazados, ou
ben, para cubrir unha necesidade puntual ou urxente de necesidade de
habitación de calquera persoa (evidentemente este suposto será
sempre coa miña conivencia e participación na organización do día
a día); outro uso sería coma obradoiros de estudos: Minimizar
gastos no consumo doméstico, Sistema vital de Decrecemento,
Telefonía libre e barata, Sistema cooperativo para prezos moi
baixos, esta propia Doazón Transparente para rematar coa caridade e
a esmola negras, Programa de Desintoxicación Consumista e outros,
sempre enfocados a vivir dunha maneira social e afastada das maneiras
capitalistas e do sistema ultra consumista do mercado neolieberal,
que leve o aforro obtido coa minoración do consumo, a entidades de
cooperación social e axuda mutua e non regrese a rede capitalista
dos bancos en busca de xuros. Neste orde, xa teño moitas
experiencias feitas polo que podo tutelar os Obradoiros de Decrecemento.
Nos meus sitios http://ateo-poeta.blogspot.com.es/ e http://opoetadeinternet.wordpress.com/ serei máis explícito con todos estes proxectos.
Nos meus sitios http://ateo-poeta.blogspot.com.es/ e http://opoetadeinternet.wordpress.com/ serei máis explícito con todos estes proxectos.
Se
queres facer unha doazón, por favor, dimo. Grazas en todo caso.
Luis Matalobos *** 686 79 20 91 *** lmatalobos@terra.es *** http://epdi-in.blogspot.com.es/
No hay comentarios:
Publicar un comentario